sábado, 20 de abril de 2013

A maruxiña.


Eu querer, quéroche ben. Eu téñoche admiración, pero casarme contigo non mo pide o corazón. Ai, Maruxiña, eu ben cho dicía que o andar de noite é unha tolería. Eu querer, quéroche ben. Eu téñoche admiración, pero casarme contigo non mo pide o corazón.
Ai, Maruxiña, non é nada malo darlle un biquiño a un namorado.
Eu querer, quéroche ben. Eu téñoche admiración, pero casarme contigo non mo pide o corazón. Ai, Maruxiña, detrás dun valado dáme un biquiño que non é pecado.
Eu querer, quéroche ben. Eu téñoche admiración, pero casarme contigo non mo pide o corazón. Ai, Maruxiña, Detrás dun codeso Dáme un biquiño Que eu ben cho merezo.
Eu querer, quéroche ben. Eu téñoche admiración, pero casarme contigo non mo pide o corazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario