sábado, 20 de abril de 2013

Na beira do mar.


Ollos verdes son traidores, BIS
azules son mentireiros,
os negros e acastañados
son firmes e verdadeiros. BIS


Na beira, na beira, na beira do mar
hai unha lanchiña pra ir a navegar BIS


Hoxe vinte pasar a ría BIS
cuns zoquiños de madeira,
ías tan remangadiña
ó pasar pola ribeira BIS


Na beira, na beira, na beira do mar
hai unha lanchiña pra ir a navegar BIS


Cinco sentidos che temos, BIS
os cinco necesitamos 
pero os cinco perdemos
en canto nos namoramos


Na beira, na beira, na beira do mar
hai unha lanchiña pra ir a navegar BIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario