sábado, 20 de abril de 2013

O caneco.

Miña nai a min berroume
por botar un ferrancholo
se o botei fixen ben
tamén o botou Manolo
Tamén o botou Manolo,
tamén o botou Manolo.
Miña nai a min berroume
por botar un ferrancholo.

E súmballe o caneco e o caneco sumba
e súmballe o caneco e o caneco sumba sumba.
E súmballe o caneco e o caneco sumba
e súmballe o caneco e o caneco sumba sumba.


Vindo dos polbos da illa
parei no medio do mar
agora dime rapaza
cantos polbos che hei botar.
Cantos polvos che hei botar,
cantos polbos che hei botar.
Vindo dos polbos da illa
parei no medio do mar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario