sábado, 20 de abril de 2013

A virxe da barca.


Veño da Virxe da Barca,
da Virxe da Barca veño, 
veño de abala-la pedra,  
de abala-la pedra veño.


Díxenvos unha mentira,  
veño de abala-la pedra,  
veño de abala-la grande, 
que a pequena abala ela,

Nosa señora da Barca  
ten o tellado de pedra,
ben a puidera ter de ouro, 
miña Virxe se quixera.


Nosa señora da Barca  
ten un teito bo de pedra;  
di a campana na volta: 
¡cantas voltas vai dar ela! 

A miña Virxe da Barca, 
para o ano hei de volver  
que me quedou a mantilla  
no altar por recoller.

No hay comentarios:

Publicar un comentario